O tema motor desta exposición é a visión propia do artista cara a súa obra e do seu museo en relación co mar e a natureza. Para o cal creouse un espazo expositivo acorde co imaxinario do artista, un espazo que parte da súa propia obra e que permite que o visitante se mergulle na especial visión de Man do mundo.
Partindo dunha das súas obras fotográficas denominada "Museum vom Einsiedler Man. Camelle (La Coruña). Spanien" (Museo del ermitaño Man. Camelle (La Coruña) España), creouse un espazo expositivo no que mostrar as creación feitas por Man e que configuraban o seu museo. Con esta composición Man fai un percorrido a través de imaxes polo museo.
Na exposición móstranse toda unha serie de obras feitas a partir dos obxectos que o mar traía ás costas de Camelle (as denominadas crebas) e que Man ensamblaba, deformaba e pintaba para as súas creacións. Podemos contemplar tamén fotografías, bosquexos de visitantes e documentos con aforismos e reflexións a modo de manifesto.
Unha gran parte da súa obra tense perdido xa, quédando so rexistros gráficos e audiovisuais. Nesta exposición o visitante poderá disfrutar dalgunhas de estas pezas nas que se amosa a vida e obra de Man e o seu vínculo co Mar e a contorna que o rodeaba, podendo achegar á cidadanía a súa obra e filosofía de vida e a súa vinculación co mar. Serve de concienciación para o cidadán, e de promotor da importancia do patrimonio cultural dende unha clara visión de comunicación e difusión.